Thursday 02 de May de 2024

O martes abre o prazo de inscrición para as excursións do programa Ven e Descubre


As persoas interesadas en participar nas excursións do programa Ven e Descubre poden inscribirse a partir do próximo martes 11 de abril por teléfono, no 981 610 000, en horario de 16:00 a 20:00 horas. As inscricións comezarán polos grupos de Perillo.

As datas para apuntarse son as seguintes: Perillo (11, 12,13 e 14 de abril), Nós (17, 18, 19 e 20 de abril), Maianca–Serantes–Dexo (21, 24, 25 e 26 de abril), Santa Cruz–Dorneda (27 e 28 de abril e 2 e 3 de Maio) e Oleiros–Iñás–Montrove (4, 5, 8 e 9 de maio). Aquelas persoas que desexen realizar as excursións con outros grupos distintos aos da súa localidade de residencia deberán chamar os días habilitados para a parroquia coa que desexen participar.

No programa Ven e Descubre ofrécense 15 saídas de excursionismo con itinerarios culturais e visitas guiadas en grupo durante os meses de maio, xuño e setembro a Oia e Baiona; Lourenzá e Mondoñedo; e Rianxo, Boiro, Pobra do Caramiñal.

Para sendeirismo hai 11 saídas. Neste caso, as inscricións comezarán o 23 de maio e realizaranse a través da web municipal. Ofértanse itinerarios polo Camiño do Inglés, Camiño do mar Cantábrico, Camiño de Inverno e Terras do Caraballiño.